Bazacos 2 – 1 Men in Black

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us

Emocionante comezo do Mundialiño!

Arrincou o mellor torneo do planeta terra cunha trepidante xornada. O partido comezou moi igualado con todos os xogadores moi concentrados. Pronto se decantaría a balanza cun penal a favor dos Bazacos provocado por Raúl Casal que convertería el mesmo no 1-0.

Os Men in Black, co marcador en contra, comezaron a asediar o arco rival xerando múltiples ocasións pero todas acababan por fora dos tres paos o nas mans dun esplendoroso Uxío Caamaño. Despois de máis de 20 minutos de asedio, nunha xogada marcada polos rebotes, sería de novo Raúl Casal quen igualaría a contenda anotando no seu propio arco pasando de eroe a vílano.

Cando todo parecía que a contenda quedaría nun empate os Bazacos volveríanse adiantar no marcador cun gol de cabeza de “Sweet” Calderón, o capitán tiraba de galóns colocando por encima do porteiro un balón que se colaba dentro da rede.

Os Men in Black intentaron a igualada ata o asubío final pero non conseguiron bater o arco defendido polo, posteriormente nomeado, MVP do encontro.

Resultado: Bazacos 2 – 1 Men in Black

Árbitro: Carlos Prieto – Mostrou cartóns amarelos a Antón Gamallo, Alberto Bastos e Juan Davila.

Goleadores: Raúl Casal (P), Raúl Casal (PP) e “Sweet” Calderón.

MVP: Uxío Caamaño

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us