Jóvenes Promesas 0 – 14 Avengers

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us

Que bonitos son os martes!

Esta V Edición do Mundialiño está obtendo unha gran expectación dende a bancada e onte non foi unha excepción. O partido enfrontaba ó todopoderoso equipo dos “Avengers” contra a veterana escuadra das “Jóvenes Promesas”.

Un partido que non saíu do guión preestablecido e comezou cunha xogada mais que anecdótica. O colexiado Yago Prieto, nada mais comezar a primeira parte, non dubidou en expulsar o porteiro dos “Avengers”, Juanito González, por protestar unha xogada. A reacción de xogadores e afección foi de desconcerto pois ninguén comprendeu a decisión do colexiado. Juanito González vería o resto do encontro dende a bancada.

Sería unha vendeta do colexiado por ser expulsado a xornada anterior casualmente polo irmá deste?…

O seu posto ocuparíano na primeira metade Daniel “Thor” González, que pasou a compor un quinteto demoledor que arrasou con todo ao seu paso. Cun Pedro “Tronista” Comesaña coa puntería ben afinada xunto a Noé “Acero Azul” Giráldez o cal resultaría o MVP do partido. Este equipo conseguiu meter medo aos demais rivais do torneo.

Os Avengers non acusaron a falta do seu líder, Tony Stark Domínguez, e atoparon en Noé o seu referente. Goleador por partida dobre, todo pasaba polas botas deste último e iso púidose ver no terreo de xogo.

Na segunda metade, Daniel González abandonou a portería e uniuse á festa goleadora anotando seis dianas, as mesmas que Pedro “Tronista” Comesaña, e sendo un perigo constante para a portería que defendía Carlos “O Gato” Prieto, que a pesar das catorce dianas encaixadas tivo unha máis que notable actuación baixo paos.

As “Jóvenes Promesas” non baixaron os brazos ata o asubío final. Rubén Extremadura foi o seu mellor baluarte na contenda e botouse o equipo ás costas, mostrando unha condición física portentosa cunha presión constante durante todo o encontro. Acompañouno sempre moi participativo Andrés León e Jorge Fojo, que tiraron de pulmóns e corazón para saír coa cabeza ben alta do Pavillón do Monte da Mina.

Os “Avengers” gañaron con solvencia, un resultado máis que revelador do que nos deparará este torneo. O MVP sería para Noé Giraldez, o cal sorprendeu a compañeiros e rivais pola súa magnífica actuación xa que a súas aptitudes eran descoñecidas por todos.

O próximo martes 30 de outubro os “Jóvenes Promesas” veranse as caras contra os “Men In Black” de Alberto Bastos, que quererán resarcirse da derrota na primeira xornada dando un paso ao fronte.

 

Resultado: Jovenes Promesas 0 – 14 Avengers

Árbitro: Yago Prieto – Mostrou cartón vermello a Juanito González

Goleadores: Tronista (6), Dani «Thor» (6) y Noé Giraldez (2)

MVP: Noé Giraldez

 

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us