Men in Black 13 – 2 Jóvenes Promesas

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us

Comezou a segunda xornada do Mundialiño!

Este martes enfrontáronse os «Men in Black» contra «Jovenes Promesas». Os «Men in black» necesitaban resarcirse da derrota da primeira xornada e as «Jovenes Promesas» tiñan que mellorar a imaxe ofrecida na anterior xornada.

O encontro tivo un dominador claro que non tardaría en adiantarse no marcador, sería Covelo quen inauguraría o marcador a favor dos «Men in Black». Estes chegarían ao descanso cunha boa vantaxe no marcador. O equipo capitaneado por Bastos JR e liderado por Antón Gamallo non pisou o freo.

Na segunda metade chegaría un gol aplaudido por todo o pavillón, «Jovenes Promesas» conseguiría o seu primeiro gol no torneo. Este nacería das botas do «Extremeño» que nunha xogada de rebotes tirou de afouteza e corazón para colocar o balón no interior da rede.

Un incansable Rubén Extremadura non escatimaba no esforzo seguindo cada balón e soltando algunha que outra patada a destempo.

Pero o partido de onte serviu para certificar que o equipo das «Jovenes Promesas» ten o mellor porteiro do campionato. Carlos «O Gato» Prieto, ou mellor DON CARLOS, volveu a demostrar as súas dotes baixo os paos demostrando que se non chega a ser polas súas habilidades os resultados poderían chegar a ser moito máis avultados. Ademais de ser un baluarte na portería tamén coloca ao equipo dende a retagarda non deixando que ninguén do seu equipo perdera a concentración.

No tramo final do encontro co marcador 12-1 favorable os «Men in Black» chegaría o tanto do torneo, Don Carlos «O Gato» Prieto dende a súa portería lograría introducir na meta contraría o balón sorprendendo o gardameta rival, gañándose coa guinda do gol o MVP do encontro.

As «Jovenes Promesas» melloraron a imaxe da última xornada, aínda que iso non puido evitar outra goleada.

Como curiosidade neste encontro xogaron o xogador máis xoven e o máis veterano do torneo, e ambos anotaron gol! Pablito González e Don Carlos «O Gato» Prieto.

Cabe destacar a arbitraxe do partido a cal foi de moitos quilates, Novas Benavides retomou o chifre para dar mostras da súa calidade. Quen tivo retivo!

Vémonos o vindeiro martes 6 de novembro as 22:00h noutro apaixoante partido do Mundialiño!

 

Resultado: Men in Black 13 – 2 Jóvenes Promesas

Árbitro: David Novas Benavides

Goleadores: Diego Abreu (6), Alberto Bastos (3), Antón Gamallo, Diego Covelo, Miguel Torres, Pablito González, Carlos Prieto, Jose Ramón.

MVP: Don Carlos «O Gato» Prieto

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us