Avengers 1 – 3 Men in Back

Instagram
Facebook
Facebook

Martes de fútbol no Monte da Mina, martes de emoción, martes de Mundialiño!

O encontro disputado na noite do 12 de Decembro non ía deixar indiferente a ninguén. Os máximos favoritos da competición, os Avengers de Toni “Danza” Domínguez e os Men In Black de Alberto “El Negro” Bastos, enfrontábanse por primeira vez.
Co líder dos Avengers recuperado das súas molestias e con Noé “Acero Azul” Giráldez como MVP do torneo, estes partían con confianza e aplomo para superar a un MIB mermado, debido a baixa do seu líder, pero que no derradeiro momento puido contar dúas fichaxes de excepción, Nuno e Kevin Miranda, contando así con ata nove xogadores no plantel.

A primeira metade foi un intercambio de golpes mutuo entre as dúas escadras. Cristian Pregal ocupaba a portería dos vermellos con eficiencia e, por parte dos escuros, Alejandro Travieso realizou un dos mellores partidos que se lle recordan baixo paos.
Cun Toni Domínguez moi activo, o maior perigo veu pola súa parte. Tanto Pedro “ Tronista” Comesaña coma Dani “Manteca” González non atopaban o espazo, e cando sí atopábanse con él o gardameta dos MIB frustraba todo tiro a porta.
Por parte dos MIB, Amado Alonso e Diego Abreu eran o baluarte contra os colorados. A base de forza e empuxe creaban as ocasións. Antón Gamallo vixiaba a retagarda.
Así, ó término dos 25 minutos iniciais, fumos con táboas ó marcador.

Trocos no descanso. Nunha decisión controvertida, Noé Giraldez pasou a ocupar a portería dos Avengers. O de Coruña tivo unha noite discreta pero ó ser relevado a gardar as redes faría que desaparecese por completo a súa aportación ofensiva ó equipo.
O segundo acto foi unha guerra infinita para ambos equipos. Amado Alonso vería o cartón amarelo por unha entrada moi fea sobre Pedro Comesaña, e este, minutos despois tamén recibiría cartón amarelo por unha falta cometida ó 23 dos MIB.
Avanzou o encontro ata que un erro do cancerbeiro, Alejandro Travieso, deixaría en vantaxe un balón que Toni Domínguez non desaproveitaría. Xusto premio para o oito dos Avengers, que nun alarde de soberbia faría un xesto de provocación cara o banco rival que encendeu á bancada e caldeou os ánimos.

Neste momento saíu das sombras o home do partido, Antón Gamallo. Ordenou os seus, planificou en cuestión de segundos unha ofensiva final para levarse o envite e conseguir empuxar a todo o equipo á vitoria.
Empate no marcador. Isto só habería comezado.
Os MIB seguiron na contenda, ata que nun despiste da defensa de Marvel, aproveitado por Antón Gamallo, poría en bandexa un balón a Pablito González, ó heroe vestía de negro. O diamante de Valadares, con sangue fría e precisión, levou o balón ás mallas. O Monte da Mina incendiábase. Bágoas nos ollos de Diego Abreu. A remontada era real.

O que pasou despois transcorreu moi rápido. Os Avengers non eran capaces de aproximarse ó área dos negros. Amado Alonso perdeuse nun mar de protestas que contaxiou ó equipo rival, desesperado. Esta desesperación fixo que a falta de dous minutos, o controvertido xogador de Beade, Amado, fixera o derradeiro tres a un nun novo despiste defensivo. Remata o encontro, MIB consigue unha vitoria que os coloca líderes xunto os Avengers.

Destacado encontro do colexiado Novas Benavides, acertado e seguro. Fixo fronte as protestas de ambos equipos, e a mala actitude de Amado Alonso, con paciencia e valentía.

Este é o V Mundialiño. Cada partido é unha batalla encarnizada. Cada balón vale ouro. Cada punto é platino agora mesmo. Ata ó momento todos os equipos con posibilidades de clasificarse e a próxima semana temos un enfrontamento de titáns. Os Bazacos buscarán a senda da vitoria fronte a un motivado Panda Team, que recupera baixas por sanción.

 

Resultado: Avengers 1 – 3 Men in Black

Árbitro: David Novas Benavides – Mostrou cartón amarelo a Amado Alonso, Pedro Comesaña e Dani González.

Goleadores: Toni Domínguez, Antón Gamallo, Pablo González e Amado Alonso.

MVP: Antón Gamallo

Instagram
Facebook
Facebook