Men in Black 4 – 4 Panda Team

Instagram
Facebook
Facebook

O encontro entre Panda Team – Men in Black prometía interesante e, sen dúbidas, non deixou
que o público se aburrise. Comezaba o encontro con respecto entre ambos conxuntos, ben
ordeados en defensa, deixando poucas ocasións. Adiantaríase o Panda Team mediante un
saque de banda botado por Alberto Lorenzo, que tras tocar no porteiro acabaría dentro da
meta. Sen embargo, no minuto seguinte sería Alberto Bastos quen poría as táboas de novo no
marcador.

Na restante primeira metade soamente se produciu unha acción na que o xogador dos Men in
Black, Antón Gamallo, caería ó chan despois dunha dura entrada de Alberto Lorenzo na que
non se asubiou falta. Os Men in Black botaron o balón fora do terreo de xogo preocupados
polo seu compañeiro. Foi Rogelio Veiga quen lle devolvería o balón ós seus rivais, nun gran
xesto de deportividade aplaudido pola afección alí presente. Sen darnos conta, estábamos no
descanso cun resultado de empate a un.

Na segunda metade o equipo dos Men in Black subiu unha marcha, conseguindo poñerse cun
resultado de 1-4 ó seu favor. Os goleadores deste equipo serían Amado, Abreu e Alberto
Bastos de novo. Apareceu entonces o capitán do Panda Team, tamén MVP do partido, David
Táboas para marcar un doblete e poñer o partido cun resultado de 3-4. Táboas puido
completar o seu hat-trick particular pero o tiro sería desviado baixo os paos por Alberto
Bastos.

O derradeiro gol do partido chegaría nunha acción un tanto extravagante. O cancerbeiro do
Men in Black, Alejandro Travieso, tentou controlar un balón co pé con tan mala sorte que
acabaría entrando na súa propia meta.

Ambos conxuntos sitúanse agora con 7 puntos a espera do que fagan os seus rivais nesta
penúltima xornada do Mundialiño. Todavía por suceder calquera cousa, xa que o nivel dos
equipos está polas nubes.

 

Resultado: Men in Black 4 – 4 Panda Team

Árbitro: Daniel González

Goleadores: Alberto Bastos (2 goles), Taboas (2 goles), Amado, Abreu, Lorenzo e Travieso (PP),

MVP: Táboas

Instagram
Facebook
Facebook