Bazacos 23 – 0 Jóvenes Promesas

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us

Masacre no Monte da Mina…

Este Martes, o partido que enfrontaba a Bazacos contra Jóvenes Promesas, partía coa premisa de ver o nivel que ía amosar o equipo branco. Coas súas estrelas cuestionadas nos últimos encontros e coa vista posta no partido da última xornada que disputarán contra Avengers, no que se xogarán seguir vivos na competición.

A novidade nas Jóvenes Promesas era a nova fichaxe de Óscar Cerqueira e o máis sorprendente de todo, coa baixa na portería de Carlos “O Gato” Prieto, ocuparía o seu lugar “El Halcón” Alonso.

Bazacos marcou no primeiro minuto de xogo xa lanzara catro tiros a porta que repeleu Alonso e o aluvión de ocasións chegaban. Un “Charlie” González moi activo levou o equipo cara diante, apoiado por “Rulas” Casal e Sergio Iglesias, que fixeron as delicias do respetable.

Jóvenes promesas intentaba por todos os medios crear ocasións, seu baluarte, Rubén Extremadura víase desbordado. A solidez en defensa de Jorge “El General” Fojo víase comprometida polo gran acerto do equipo rival, nunha noite que lle saíu todo e máis.

O xogo de toque de Andrés Dopeso e J. Ramón “El Extremeño” Martín non daba o seus froitos e así transcurriu a primeira metade, cun resultado de once goles a cero para os de Sapphire.

Mesmo guión no segundo tempo. Ocasións e máis ocasións para os Bazacos. Alonso fixo o imposíbel por parar todo o que viña a portería e a pesar do resultado abultado, a súa actuación foi máis que notable. Destacar unha xogada que parou ata en tres tempos, o que arrincou os aplausos incluso do equipo rival.

Tal foi a noite de Alonso que se fixo co MVP do partido. Tamén destacable foi a actuación de Óscar Cerqueira, activo e incisivo todo o partido. Unha mágoa que chegue a estas alturas de competición.

Por parte dos Bazacos, gran noite goleadora de Charlie González. Oito dianas no seu contador, só anotara un en todo o campionato e foi moi cuestionado na Casa Branca. Afinou a portería de cara o derradeiro encontro de fase de grupos. Sergio Iglesias, Raúl Casal, Uxío Caamaño, “Bazaco” Barreira e “Sweet” Calderón na segunda metade tamén anotaron para os brancos.

Partido tranquilo para o colexiado Alberto Lorenzo, que asubiu nada máis que sete faltas en todo o partido.

 

Resultado: Bazacos 23 – 0 Jóvenes Promesas

Árbitro: Alberto Lorenzo

MVP:“O Halcón” Alonso

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us