Xa se coñecen os equipos e o calendario do VI Mundialiño

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us

A menos de dúas semanas de arrincar a mellor competición da Asociación Ar-Vi, xa se coñecen os participantes do prestixioso torneo, así como as datas dos encontros. O azar quixo que na primeira xornada se midan o Gráficas Ibernón Futsal, capitaneado por David Iglesias e con Charly González como principal referente, fronte ao Real Chamartín, baixo a batuta do xogador profesional Amado Alonso e que ademais conta nas súas filas cun veteranísimo Rubén Extremadura. Se o encontro fose pouco estará dirixido polo apagalumes Quintairos Rial do Comité Galego. Este e todos os demais partidos do VI Mundialiño dispútanse ás 22:00 no pavillón de Candeán, neste caso o día 8 de outubro.

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us