Carlos Alberto imponse nunha igualada competición de bolos

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us
Follow Me

Chegou unha das citas que non faltan anualmente no calendario da Asociación Ar-Vi: os bolos. Nesta ocasión foron 25 os socios que se achegaron ás instalacións sitas en Samil para gozar dunha intensa noite deportiva. No sistema de competición, sumábanse as puntuacións de dúas partidas dos xogadores; os seis mellores clasificados serían os que pasasen á final.

Ao remate desta criba, Carlos Alberto, Sánchez Tierra, Antonio Domínguez, Abel González, Pablo Calderón e Uxío Caamaño serían os que disputarían a última loita polo título dos bolos.

Aveciñábase unha disputa igualada, máis Carlos Alberto, que estivera con moita regularidade na «fase grupal», volveu a dar conta da súa calidade ao lanzamento e acadou o campionato; preto del quedaron Antonio Domínguez, que fixo valer a súa condición de presidente para auparse ao subcampionato e Sánchez Tierra, que nos momentos máis difíciles sacou forzas de fraqueza co seu coñecido berro: «Vamos!».

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us
Follow Me