Goles como ‘tuypanes’ en Candeán

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us
Follow Me

Segunda xornada do Mundialiño na que os presentes puideron gozar dun recital de fútbol onde desapareceron as defensas para achegar un encontro cheo de goles. Nun encontro que parecía definido para o Tuypan Team, os Aletas FS lograron igualar a contenda, máis as carencias defensivas menguaron ao equipo e fixérono caer no marcador.

Xa no primeiro minuto do encontro, Cristian Pregal facía das súas e colocaba a vantaxe para os da panadaría. O capitán dos ‘negros’ sería un dos máis destacados do seu equipo, xunto a Pedro Comesaña, máximo goleador e MVP do encontro.

A pesares da renta no electrónico, no campo podíase observar unha total igualdade, con dous equipos que se lanzaban ao ataque e que propiciaban sendos contragolpes do seu oponente. Sería en dous destes nos que Pedro amosaría a súa velocidade para encanonar a Norberto. 3-0 e os ánimos nos ‘amarelos’ comezaba escasear. 

Sen embargo, ninguén falaba de renderse e Javi Figueiredo, David Ramos e Rogelio actuaron como líderes espirituais do xogo do equipo, mentres que Raúl Casal poría os tantos. En outras tantas xogadas frenéticas, os goles continuaron caíndo ata chegar con 7-7 no marcador e outros sete minutos por diante para o remate do encontro. Os Aletas conseguiran empatar un partido que se puxera costa arriba e tiñan todas as papeletas para obter os tres puntos. Sen embargo, a entrada na pista de Candeán de Pregal e ‘Tronista’ dinamitou as esperanzas do xuvenil plantel amarelo. Baixo a batuta de Pregal, en menos que canta un galo a diferenza volvía a ser de tres tantos e as esperanzas de remontada esfumábanse.

Goles: 1-0 Pregal, 2-0 Pedro, 3-0 Pedro, 3-1 Javi Figueiredo, 4-1 Quintairos, 4-2 Raúl Casal, 5-2 Pedro, 5-3 David Ramos, 6-3 Pregal, 6-4 Raúl Casal, 7-4 Pedro, 7-5 Raúl Casal, 7-6 David Ramos, 7-7 Javi Figueiredo, 8-7 Pedro, 9-7 Marcos Conde e 10-7 Quintairos.

Árbitro: Davila Fernández. Partido sinxelo. 8,5 normal.

MVP: Pedro Comesaña ‘Tronista’.

Próximo encontro: 22/10/2019 ás 22:00 no pavillón de Candeán, Un CCARro de Balones-FC Sapphire, dirixido por Iglesias Melón.

 

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us
Follow Me