Erros e individualidades no partido da xornada

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us
Follow Me

Terceiro encontro da primeira quenda do VI Mundialiño Ar-Vi, sen dúbida o que máis expectación espertaba polos seus numerosos alicientes. Por unha parte, agardábase con entusiasmo o retorno de David Pallas á mellor competición olívica, que finalmente non se puido producir; pola outra, enfrontábanse dous equipos chamados a chegar lonxe na competición. Tratábase, por tanto, dun partido ao que se lle presupuña certa igualdade e así foi, máis estivo marcado por moitos erros e individualidades.

Dende o comezo foi Un CCARro de Balones o que quixo o balón e puxo o xogo, aínda que os dous equipos tentaron facer un partido pausado e sen moitas opcións de contrataque ao rival. Sen embargo, nos primeiros minutos, un erro na saída de balón dos ‘celestes’ propiciaría o gol do dorsal 155 Pablo Calderón ‘Yuki’, tras o rexeite de Gores, un dos tres porteiros do CCARro, xunto a Juan Davila e Eros Lorenzo.

A vantaxa para os ‘vermellos’ supuxo un maior dominio dos ‘azuis’, que pronto igualarían cun gol de Eros Lorenzo. Este mismo sería o encargado de asistir a Juan Davila, que cun remate extraordinario co calcaño daríalle a volta ao marcador. Dende entón, o partido mudou, pois o Sapphire FC non volvería a porse por diante no partido, aínda mantendo o control dende ese momento e cun CCARro que xogou moi ben co tempo. Ao filo do descanso chegarían dous goles máis dos ‘celestes’, o primeiro de José Ramón na súa propia porta cando trataba de controlar un balón na área; o segundo de Juan Davila que, como porteiro, disparaba dende moi lonxe á saída dun córner executado por ‘Manteca’. Pouco este mesmo sacou da súa chistera unha fabulosa xenialidade e dende un lugar escorado disparou con potencia ao curruncho da portería. Nada puido facer David Sánchez ‘Fala’ ante tremendo canonazo.Chegábase ao intermedio cun  4-2 a prol dos de Pallas, quen actuou como asistente técnico dende o banco do seu equipo.

Na segunda metade a tónica foi a mesma dende que o equipo capitaneado, nesta ocasión, por Juan Davila, se puxera por diante. O balón era dos festeiros do Sapphire e o CCARro agardou agazapado e deixándose levar pola súa vantaxa. Uxío Caamaño, que estivo moi activo e férreo en defensa, recurtaría distancias cunha fermosa xogada de anticipación, combinación e definición. O CCARro sufría e os do pub vigués estaban no seu mellor momento con Adrián Castro e Uxío Caamaño como estandartes. Máis os minutos pasaban e o gol do empate non era quen de chegar. O que si apareceu foi un novo erro, neste caso de Bastos, que introduciu na súa portería un centro dende a banda. Cos ‘vermellos’ xa volcados ao ataque, Juan Davila aproveitaría unha recuperación para montar o contrataque e superar a ‘Fala’ coa perna esquerda. Xa co tempo case consumido, Bastos maquillaba o marcador empuxando a rede un agasallo de Gores na saída de balón.

Con este encontro chégase ao remate da primeira xornada do VI Mundialiño, con Tuypan, CCARro e Ibernón empatados a tres puntos no máis alto da clasificación. Tres encontros xa xogados marcados por unha gran igualdade, nos que o equipo de verde puxo a maior sorpresa ao superar a Real Chamartín. Augurase un campionato cheo de emocións no que, polo de agora, está a reinar a deportividade.

Goles: 0-1 Calderón, 1-1 Eros, 2-1 Juan Davila, 2-2 José Ramón en propia meta, 3-2 Juan Davila, 4-2 ‘Manteca’, 4-3 Uxío Caamaño, 5-3 Alberto Bastos en propia meta, 6-3 Juan Davila e 6-4 Alberto Bastos.

Árbitro: Iglesias Melón. Moi por riba do nivel do encontro.

MVP: Daniel González ‘Manteca’.

Próximo encontro: 29/10/2019 ás 22:00 no pavillón de Candeán, Real Chamartín-Tuypan Team, dirixido por Figueiredo Comesaña.

 

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us
Follow Me