Nada máis ‘real’ que unha nova derrota

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us

O Real Chamartín e o Tuypan Team inauguraron a segunda xornada do Mundialiño Ar-Vi nun encontro que parecía presaxiar igualdade. Medíanse dous equipos situados nos polos opostos da táboa: os ‘merengues’ viñan de perder frente a Gráficas Ibernón pese a merecer máis, mentras que os de negro chegaban despois de gañar nun partido tolo a Aletas. Deste modo, cara con cara, a viva imaxe da decepción fronte o plantel revelación.

Foi Amado quen puxo o balón en xogo e cando aínda non se sentaran todos os siareiros na bancada do municipal de Candeán chegou o primeiro tanto do encontro. Nunha das poucas xogadas combinativas dos brancos, o ‘Comandante’ Antón Gamallo empurraba ao fondo das redes. O Real Chamartín comenzaba con bo pé o encontro e a ledicia inundaba aos seus xogadores. Máis en menos que canta un galo a tolemia chegou ao partido. 1,2 e 3… Quintairos nun primer momento e Pedro por partida dobre cambiaban o panorama na cancha nunha serie de xogadas nas que se misturaron infortunios e erros para o equipo branco. Cando ao cousas non parecían poder ir a peor, Marcos Conde, un dos máis destacados na noite de onte, sumaría un máis para o taboleiro de Tuypan Team. 1-4 e tempo de lecer.

Carlos ‘O Gato’ Prieto tratou de animar aos seus no intermedio, pois parecía que a falta de intensidade e a mala sorte podían ser os causantes da derrota momentánea. Na reanudación, o Chamartíon mudou o espírito e tentou tirar de corazón, avasallando a portería defendida por Abel González, máis o gol se resistía. Un tras outro, os ataques de Antón, Rubén e Táboas, entre outros, non paraban e semellaba que o tanto remataría caendo, máis non foi o deles. Marcos Conde, o máis listo da clase, estivo atento en dous balóns mortos na área de Chamartín e ampliou as diferenzas ata un marcador de 1-6 que parecía insalvable.

Cunha posesión casi absoluta os mozos de Chamartín continuaron atacando con Rubén Extremadura como máximo exponente e foi nunha desas nas que atopou porta cun potente disparo. Aínda quedaban cinco minutos cando Antón anotou o segundo na súa conta particular, pero Tuypan fixera moito dano e demostrou por que son os máximos goleadores do Mundialiño, amosando unha grandísima efectividade.

 

Goles: 1-0 Antón Gamallo, 1-1 Quintairos, 1-2 Pedro ‘Tronista’, 1-3 Pedro ‘Tronista’, 1-4 Marcos Conde, 1-5 Marcos Conde, 1-6 Marcos Conde, 2-6 Rubén Extremadura e 3-6 Antón Gamallo.

Árbitro: Figueiredo Comesaña. Xestionou o encontro a base dun diálogo categórico.

MVP: Abel ‘O Polbo’ González.

Próximo encontro: 05/11/2019 ás 22:00 no pavillón de Candeán, Gráficas Ibernón Futsal-FC Sapphire, dirixido por Extremadura Hernández.

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us