Emocións a flor de pel en Candeán

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us

O FC Sapphire e mailo Aletas FS enfrontáronse nunha noite que tivo máis de emocións que de fútbol. No que vai de Mundialiño sen dúbida o partido no que se observou máis desigualdade, aínda que esta chegou na segundo período do encontro.

Os dous equipos chegaban coa obligación de gañar nun comezo tenue na competición arbitral. A priori, os vermellos semellaban favoritos na noite, máis se cabe pola recente fichaxe de Borja Alonso, que ía ser unha peza fundamental na vitoria. Sen embargo, os xoves xogadores amarelos xa demostraran contra Tuypan Team, o actual líder, que non son nada sinxelos de superar. Unha vez máis, como aconteceu no seu último encontro, foi o Aletas quen se puxo por diante, gracias a un gol de David Ramos, o xogador máis destacado no seu conxunto. Sen embargo, no que pareceu un calco deste partido, rapidamente o seus rivales lle deron a volta ao marcador con dous tantos de Borja Alonso. Desta forma, nunha primeira metade moi igualada e na que Norberto estivo a gran nivel, se chegou ao intermedio.

No segundo tempo chegou o carrusel de goles. Podería parecer que desta forma os ánimos estarían calmos, máis non foi así. As emocións desbordaban e ‘Sweet’ Calderón máis ‘Niggy’ Bastos fixeron que o que semellaba un apracible partido para Extremadura Hernández se mudase nunha tortura. As polémicas decisións do colexiado, aínda que insignificantes no trascorrer do partido, revolucionaron aos xogadores de FC Shappire, coas súas respectivas protestas. Con pouco diálogo, pero bastante lenguaxe xestual e sen amosar cartóns, o árbitro solventou a papeleta, máis as queixas non cesaron e algún rematou na caseta antes do previsto.

Mentres, os goles seguiron caíndo estrepitosamente e Uxío marcou os catro últimos que lle valeron o MVP do partido. Coa vitoria, o FC Sapphire súbese ao carro dos equipos que xa puntuaron, mentres que Aletas e Real Chamartín son os únicos que aínda non coñecen o que é gañar.

 

Goles: 0-1 David Ramos, 1-1 Borja Alonso, 2-1 Borja Alonso, 3-1 Alberto ‘Niggy’ Bastos, 4-1 Adrián Álvarez, 5-1 Adrián Álvarez, 6-1 Pablo ‘Sweet’ Calderón, 7-1 Pablo ‘Sweet’ Calderón, 8-1 Borja Alonso, 9-1 Borja Alonso, 9-2 Rogelio Veiga, 10-2 Alberto ‘Niggy’ Bastos, 11-2 Alberto ‘Niggy’ Bastos, 12-2 Uxío Caamaño, 12-3 David Ramos, 13-3 Uxío Caamaño, 14-3 Uxío Caamaño e 15-3 Uxío Caamaño.

Árbitro: Extremadura Hernández. Partido compricado pola tensión que obrigaba a gañar a FC Sapphire. Xestionou polemicamente as emocións dos xogadores.

MVP: Uxío Caamaño.

Próximo encontro: 12/11/2019 ás 22:00 no pavillón de Candeán, Un CCARro de Balones-Gráficas Ibernón Futsal, dirixido por Martín Mera.

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us