Real Chamartín virtualmente fora do Mundialiño Ar-Vi

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us
Partido que marcaba o futuro de Real Chamartín na competición e que medía as aspiracións de Un CCARro de Balones. Por unha parte, os brancos debían puntuar para seguir con opcións de loitar polo pase as semifinais e unha vitoria dos celestes alzábaos até a primeira posición da táboa. Con estas referencias o colexiado, Covelo Rodríguez, asubiaba o comezo do encontro.
Desde o primeiro momento, o partido antoxaba un dominio case total do balón por parte de Un CCARro de Balones, sen embargo, tan grande posesión semellaba estéril con pouca finalización. A batuta do equipo asumíaa David Pallas, co máximo goleador do equipo, Juan Davila, na porta. Cun Real Chamartín agardando a súa opción e entregando o balón o seu pívot (ás veces Amado Alonso e un irascible Alberto Lorenzo) para que buscase o gol, chegaba en cambio o primeiro do encontro para os de azul, por medio de David Pallas.
Dende entón, os equipos mudaron os papeis e foron os ‘merengues’ quenes comezaron a tentar aproximarse á porteríoa rival de forma desesperada, conscientes de que o resultado supuña un duro golpe para o equipo. Sen embargo, nunha boa acción individual, Pallas volvía a mandar o balón ás redes, mais Adrián Gesteira nun xesto antideportivo paraba o balón coas mans na liña, co seu conseguinte cartón amarelo e penal. Juan Davila, nun xesto de xenerosidade por parte de Pallas, foi o encargado de lanzar e anotar o segundo do equipo. Con este resultado se chegaba ao intermedio.
Na segunda metade o control do balón foi dos celestes, que con intelixencia deixaron correr o tempo gardando moi ben a posesión do balón. Tivo opcións de achegarse no marcador Chamartín con varias opcións de gol nos pés de Amado, aínda que Juan Davila e os paos aliáronse para que ningún esférico entrase na porta. Froito da impotencia, Alberto Lorenzo recibiu un cartón amarelo ao soltar unha patada a Dani Manteca sen opcións de xogar o balón, nunha acción moi similar á que sufrira anos antes na súa pel noutra entrada grotesca de Antonio Domínguez. Neste caso a acción valeu para alonxar aínda mais ao seu equipo das semifinais, pois agora necesitan gañar o último encontro, que Sapphire tamén perda o outro partido que lle queda e que, ademais, realice accións antideportivas para caer na clasificación de deportividade que desempata as igualdades nos puntos.

Goles: 0-1 David Pallas e 0-2 Juan Davila.

Árbitro: Covelo Rodríguez. Calmou a algún xogador no momento xuto. 8,5 normal.

MVP: Juan Davila.

Próximo encontro: 28/01/2020 ás 22:00 no pavillón de Candeán, Gráficas Ibernón FS-Tuypan Team, dirixido por Táboas Lagoa.

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us