Tuypan quédase a un chanzo dunha remonta heroica

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us
Follow Me
Encontro que viña a deparar as posicións na parte alta da táboa e que, no caso de puntuar Sapphire, deixaba fóra do Mundialiño Ar-Vi ao Real Chamartín. O Tuypan Team presentábase con cinco xogadores, o que facía prever unha noite prácida para os roxos. Non foi así.
O partido tivo dúas metades ben diferenciadas e nas que os equipos se alternaron o control do xogo. No primeiro acto, os goles puxéronos os rapaces de FC Sapphire, aínda que os de negro dispuxeron de moitas boas opcións e, incluso abriron a lata. Sen embargo, un atinado Pablo Calderón ‘Yuki’, con Adri Castro como escudero facían que a vantaxe ao intermedio fora de 2-5.
No segundo tempo, Tuypan Team encontraba a chave, Travieso pasaba á actividade como peche e María Trinidad collía as luvas. Todo melloraba. Travieso cunha boa actuación ao quite e Trini amosando moita seguridade baixo paos. Así foi como, a pesares de poñerse cun gol máis de diferenza, o FC Sapphire o pasaría realmente mal. Antonio e Adri Castro, ademais dun imprevisíbel David Sánchez ‘Fala’ na porta, sacaron os balóns das proximidades da súa área. Sen embargo, de tanto bater, ao final os de negro ían conseguindo o obxectivo e, un tras outro chegaron os goles. Ao final a efectividade de Sapphire foi suficiente para gañar o partido por un 5-6 que podería ter mudado se o encontro durase un par de minutos máis. Un resultado que significa o asalto á cabeza da clasificación para os de vermello e o adeus do Real Chamartín á competición.

Goles: 1-0 Pedro Comesaña, 1-1 Adri Castro, 1-2 Pablo Calderón, 1-3 Pablo Calderón, 1-4 Antonio Domínguez, 2-4 Pedro Comesaña, 2-5 Alberto Bastos, 2-6 Adri Castro, 3-6 Cristian Pregal, 4-6 Pedro Comesaña e 5-6 Pedro Comesaña.

Árbitro: González ‘Manteca’. Boa actuación até a chegada dun error de apreciación na cesión. Nota con error técnico: 7,9. Nota sen error técnico: 8,5.

MVP: Pablo Calderón ‘Yuki’.

Próximo encontro: 18/02/2020 ás 22:00 no pavillón de Candeán, Gráficas Ibernón FS-Tuypan Team, dirixido por Táboas Lagoa.

Instagram
Facebook
Facebook
Twitter
Visit Us
Follow Me