Categoría: Crónica

As pantasmas aparécenselle a Un CCARro

Chegábase con ansia a un encontro que fora aprazado fai xa un mes por causa das choivas. Desta volta puidose xogar o partido, aínda que coa baixa de Carlos González ‘Charly’, o máximo realizador do equipo verde.
Dende o primeiro compás do encontro viuse a tónica do mesmo, un Gráficas Ibernón ben organizado e agardando as oportunidades ao contragolpe e Un CCARro de Balones que tivo a iniciativa do partido. Sen embargo, a primeira parte dos azuis, con moita falta de intensidade e algún erro, supuxo varios goles dos de Domingo Prieto, o terceiro deles nunha boa combinación que culminaba David Veloso. Por parte dos celestes, Juan Davila tiraba do carro a base de goles e David Pallas era quen dirixía o xogo dos seus. Así chegábase ao descanso con 2-3 favorable a Gráficas Ibernón.
A segunda metade foi máis do mesmo, aínda que o xogo de Un CCARro mellorou un chisco, logrando darlle a volta ao partido cara o final, cun gol en xogada individual de Juan Davila e outro de David Pallas tras cesión do anterior. Ate entón, os azuis tiveran innumerables ocasións e aínda dispuxeron de máis, pero un estratosférico David Iglesias salvou aos seus dende a portería. A inxustiza do futsal apareceu para, nos últimos compases do partido, unha falta de entendemento entre Daniel González ‘Manteca’ e o ‘Pelusa’ Puime supuxese o empate final cun gol de rexeite de Óscar González.

Goles: 0-1 David Veloso, 1-1 Juan Davila, 1-2 Cristian Vázquez, 1-3 David Veloso, 2-3 Juan Davila, 3-3 Juan Davila, 4-3 David Pallas e 4-4 Óscar González.

Árbitro: Pregal Fernández.

MVP: David Veloso.

Próximo encontro: 07/01/2020 ás 22:00 no pavillón de Candeán, Gráficas Ibernón FS-Aletas Futsal, dirixido por Domínguez González.

Enlace das fotos aquí.

Cristian Pregal eclipsa unha victoria antolóxica

A tensión aumenta progresivamente nos partidos do Mundialiño Ar-Vi. Se a semana pasada o campionato deixábanos un resultado moi axustado para o FC Sapphire fronte ao Gráficas Ibernón, nesta ocasión a igualdade aínda foi maior.
Un CCARro de Balones e o Tuypan Team medíanse onte nun partido que ía servir para calibrar a calidade de ambos os dous conxuntos. A priori, os celestes partían co cartelón de favoritos, mentres que os da panadaría Tuypan están a valer o seu papel de equipo revelación.
Dende ben cedo, Juan Davila puña en vantaxe ao equipo capitaneado por Pallas nunha combinación con Manu Barreira, quen tamén sería o seu socio no segundo tanto. Pouco lle durou a ledicia ao CCARro, pois Quintairos igualaba o marcador en dúas ocasións para marchar ao descanso con 2-2, aínda que cos azuis volcados sobre a meta rival.
A segunda metade foi unha constante alternativa, o empate parecía valer aos de negro e era neses intres onde o CCARro amosaba a súa mellor imaxe. En cambio, cando os locais estaban por diante, eran os de Pregal os que posuían o control do balón. Desta forma chegouse a uns últimos minutos moi parexos, nos que Juan Davila parecía desequilibrar o encontro ao marcar un gol de falta directa. Sen embargo, con tan só un minuto para a reacción, os azuis non foron quen de manter a pelota e na última xogada, Pregal puña as táboas no electrónico.

Goles: 1-0 Juan Davila, 1-1 Gabi Quintairos, 2-1 Juan Davila, 2-2 Gabi Quintairos, 3-2 Juan Davila, 3-3 Aarón Martín, 4-3 Juan Davila e 4-4 Cristian Pregal.

Árbitro: Álvarez Calderón. Partido dirixido con aparente solemnidade. 8,4 normal.

MVP: Juan Davila.

Próximo encontro: 17/12/2019 ás 22:00 no pavillón de Candeán, Un CCARro de Balones-Tuypan Team, dirixido por Pregal Fernández. O día 10/12/19 non se disputa Mundialiño, máis a pista está á disposición dos asociados.

 

Enlace fotos aquí.