Noticias AR-VI

Toda a actualidade da nosa asociación!

Men in Black 3 – 5 Este es nuestro año

 

Gran noite de fútbol no Monte da Mina!

Partido decisivo o de onte, por unha parte “Este es nuestro año” tendo o pase a semifinais asegurado tan só tiña como reto gañar para asegurar a primeira praza e por outra parte “Men in Black” necesitaba un punto para clasificarse matemáticamente polo que foron con todo a pola victoria.

Os de negro tiñan a baixa de Pablito González, sen dubida o alma do equipo, que animaría dende a grada e os verdes acusaban a gran baixa de Eduardo “A brúxula” Gores todo un baluarte dentro e fora do campo.

O partido comezaba de cara para o equipo negro que se adiantaba no marcador ao principio do encontro por medio de Antón “Mister” Gamallo quen aproveitou unha moi boa xogada combinada para introducir o balón no fondo da rede, alonxábase o primeiro posto para os verdes.

Sube a intensidade do encontro no que todo vale para gañar. Rifábanse as ocasión para ambos equipos cando o deus do fútbol puxo a súa luz sobre Omar “O bocoi” Berlier quen nun momento de pura calidade colocou o balón de exterior dende o seu campo no pé de Juan “O xerezano” Davila quen finalizou con moita clase para introducir o balón no fondo das redes.

Non duraría moito a alegría dos verdes cando Diego “Colombiana” Abreu tras, como non, unha xogada individual adiantaría a “Men in Black” cun tiro potente que golpeaba nun adversario para aloxarse nas mallas.
Estaba o encontro na segunda metade cando os verdes por medio de Juan “O xerezano” Davila igualaban de novo o marcador, dous a dous. Volvía a subir a intensidade no encontro no que cada balón dividido era unha batalla para gañar a guerra, pero con moita nobreza por parte dos contendentes.

Rubén Extremadura controlaba o partido con man de ferro e sen necesidade de amosar cartóns. David “O xigante verde” Veloso provocou o erro do colexiado tirándose ao chan cando foi marcado por Amado “O muro” Alonso, este indignado pola actitude do capitán dos verdes tirouse ao chan a modo de burla….tivo que aparecer Ruben Extremadura para calmar a situación, tan só necesitou unha mirada.

Acercábase o final con empate no marcador, pero esta vez cambiaba o guión. Os verdes poñíanse por diante no marcador cun gol de Gabriel “Tolo” Quintairos o cal celebraron efusivamente. Mentres todo o equipo celebraban xuntos o gol David “O xigante verde” Veloso coa soa fin de provocar ao rival sinalaba a Amado no banco nun feo xesto do capitan.

Tempo morto! Solicitaba o capitán dos negros a falta de poucos minutos para finalizar o encontro. Cambio táctico nos “Men in black”, Antón “O mister” Gamallo pasaba a xogar de porteiro para así atacar con 5 xogadores, necesitaban o empate.

Asedio final por parte dos negros, que buscaban o empate como fora. Pero sería Juan “O xerezano” Davila quen acababa coas esperanzas anotando o 2-4 e conseguindo o seu hat-trick particular. Nos dous últimos minutos anotaban JFC o 2-5 e Diego “Colombiana” Abreu o 3-5, dous minutos sen intensidade por parte de ningún equipo.
Remataba o partido coa destacada actuación dun Abel “O polbo” Gonzalez quen gañaba o MVP tras unha actuación clave para gañar o encontro.

Boas noticias para os verdes que quedan matemáticamente líderes da fase de grupos e xa esperan nas semifinais, pero malas novas para os negros que se quedan con 7 puntos á espera do que pase no derradeiro partido desta fase de grupos entre Bazacos e Avengers. En caso dun triple empate entraría en xogo a deportividade para decidir que equipos pasan a semifinais.

Que fermoso está o mundialiño!

 

Resultado: Men in Black 3 – 5 Este es nuestro año

Árbitro: Rubén Extremadura

MVP: Abel González